Thursday 02 de May de 2024

A inscrición para as rutas de sendeirismo do Ven e Descubre estará aberto de xoves a sábado


As inscricións para as rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre poderán realizarse a través da Sede electrónica os días 19, 20, 21 de maio. Todas aquelas persoas maiores de 60 anos interesadas en participar poderán apuntarse desde mañá ás 8:00 horas ata o sábado ás 23:59 horas. No caso de ter dificultades para acceder á inscrición en liña é posible dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

As rutas de sendeirismo consisten en expedicións culturais con andainas guiadas de entre 10 e 14 km. Organízanse 9 saídas pola comarca de Bergantiños, Campo Lameiro, O Vicedo e Fuciño do Porco.

Haberá un segundo prazo para a ruta do Vicedo os días 22, 23, 24, 25 e 26 de agosto. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.